26 de abril de 2011

Nota de CCOO sobre la entrevista mantenida con trabajadoras de las EEII (14/04/11)

Asistencia dunha representación do colectivo de traballadores/as das Escolas Infantís.
Este colectivo expón ao Comité Intercentros as súas demandas e reivindicacións que se centran fundamentalmente en que as escolas infantís de titularidade pública deben integrarse na Consellería de Educación. Basean a súa petición no claro contido educativo destes centros e no cumprimento da LOE e LODE e no Decreto 330/2009, de 4 de xuño, normativa na que se recoñece o carácter educativo de toda a Educación Infantil (incluídos os centros de 0 – 3 anos). Polo tanto, solicitan do Comité Intercentros un apoio firme ás súas peticións por consideralas lexítimas e ademais, con amparo nunha norma de rango legal.
Neste punto, o Comité acorda por unanimidade das centrais sindicais que o integran, o seguinte:
-      Apoiar as reivindicacións realizadas por este colectivo de integrarse na Consellería de Educación.
-      Solicitar unha xuntanza co Secretario Xeral da Consellería de Educación e coa Secretaria Xeral de Traballo e Benestar para trasladarlles a urxencia de proceder á integración en Educación das Escolas Infantís, así como para solicitar as explicacións pertinentes sobre as causas polas que aínda non se ten producido esta integración.
-      Tamén se acorda ESIXIR ás Consellerías implicadas que inicien á maior brevidade posible os trámites necesarios para facer efectivo o traspaso das Escolas Infantís ao ámbito da Administración Educativa, tal e como se establece na Lei.

No hay comentarios:

Publicar un comentario