Onte, martes 15, membros do Colectivo fumos recibidos polo grupo parlamentar do BNG, logo de haber pedido cita con tódolos grupos representados no Parlamento. Estivemos falando con Carlos Aymerich e Carme Adan, os que expusemos as inquedanzas do persoal das escolas acerca dunha posible integración na AGSS e tamén lles presentamos a campaña iniciada pola incorporación á Consellería de Educación.Amosáranse receptivos e favorables a prol deste obxectivo e ofertaron a sua intervención para en principio preguntar pola Comisión creada polo Consello da Xunta en xuño de 2009 para o traspaso á Educación e tramitar unha proposición non de lei sobre o tema.
Ao respecto da incorporación das EEII á Axencia, manifestaronos que se están a producir inconvintes xurídicos que están a frear a sua constitución.
Aproveitamos a ocasión para presentar un escrito no Rexistro do Parlamento coas reivindicacións do Colectivo. Podedes ver o texto completo no noso enlace de SCRIBD.
No hay comentarios:
Publicar un comentario